Esixen á Xunta que actúe "con urxencia" ante o estado da Estación de Autobuses
Por Redacción
O "deplorable" aspecto que, segundo o goberno municipal, loce a Estación de Autobuses de Pontevedra leva ao BNG a esixir á Xunta de Galicia que actúe "con urxencia" para reformala. Non basta cun simple lavado de cara, senón que se precisa dunha actuación integral. Así o manifestou este xoves o concelleiro Luís Bará, que anunciou a presentación de senllas iniciativas neste sentido.
Unha delas debaterase nun próximo Pleno da corporación municipal, pero este asunto chegará tamén ao Parlamento galego. Os deputados do BNG presentarán unha moción para instar á Xunta, e en concreto á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a corrixir "a imaxe e o estado" da estación pontevedresa, sen dúbida, segundo Bará, "a maior vergoña da nosa cidade en canto a equipamentos".
O "abandono alarmante" que sofre a estación, "por non falar de certas actividades" na súa contorna, sinalou Luís Bará, obriga a unha obra de "maior calado" que a que pode executar a empresa concesionaria das instalacións.
Bará expresou do seu desexo de que esta reclamación do BNG á Xunta conte co apoio do resto de partidos políticos na corporación municipal, especialmente do Partido Popular. "Esperemos ter o seu apoio e que utilicen a capacidade de intermediación e influencia que se lles presupón para que a Xunta actúe na estación de autobuses", concluíu o edil nacionalista.
CONEXIÿN COA AVENIDA DE VIGO
Ademais, Luís Bará asegurou que, por agora, o Concello descarta executar a ansiada conexión directa da Estación de Autobuses co desdobramento da Avenida de Vigo, ante o silencio do goberno autonómico, "o que non desbota que se poida facer algún día se a Xunta ten interese en facelo". Neste sentido, o Partido Popular asegura que o goberno municipal non presentou ningún escrito oficial á Xunta para executar dito acceso.
Relacionadas:
-
As obras de mellora da estación de autobuses estarán rematadas no primeiro trimestre de 2015
Por Redacción |
-
Xa poden comezar as obras de reforma da estación de autobuses
Por Redacción |
-
A Xunta licitará no mes de abril as obras de mellora da estación de autobuses de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Os tres grupos municipais reclamarán á Xunta unha solución urxente para a Estación de Autobuses
Por Redacción |
-
Unha auditoría encargada en 2011 detectou oito deficiencias graves na Estación de Autobuses
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
A "gran transformación urbana" da contorna da Avenida de Vigo será adxudicada "antes do verán"
Por Alejandro Espiño |