Renovado o interior do Centro de Interpretación do Petróglifos de Mogor
Por Redacción
Os petróglifos de Mogor teñen un potencial incuestionable, sendo un conxunto arqueolóxico esencial cuns recoñecidos valores culturais e paisaxísticos, unido a un emprazamento xeográfico privilexiado.
Para poñelos en valor e apostar pola súa maior difusión, o Concello de Marín levou a cabo un proxecto co que se renovou toda a iluminación exterior das sendas e os petróglifos e se fixo unha readaptación integral do interior do Centro de Interpretación.
"Sabemos que os nosos petróglifos son un referente patrimonial e turístico, por iso quixemos mellorar o espazo verde no que se atopan estes gravados cunha iluminación que tamén beneficiará á veciñanza e reforzando a sinaléctica tanto no interior coma no exterior", explicou a concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez.
A nova proposta museística conta con paneis renovados que aportan recursos explicativos, ilustrados e audiovisuais que permiten a mellor comprensión do que se visita.
A concelleira explicou na súa visita ao centro, que volverá estar aberto para a cidadanía en Semana Santa, que este proxecto realizouse ao abeiro dunha subvención de Turismo de Galicia ao 90%, a través dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGeneration EU, por un importe cercano aos 40.000 euros.
Relacionadas:
-
A xustiza suspende de xeito cautelar as obras do parque eólico de Monte Acibal
Por Redacción |
-
Vilaboa recuperará o petróglifo de Areeiros e o interior do Forno da Cal
Por Redacción |
-
Andainas de Outono, dúas rutas para coñecer a pé a riqueza ambiental de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta porá en valor o castro de Cividá e o petróglifo de Pedra dos Mouros
Por Oskar Viéitez |