Cinco entidades de Marín, Poio e Pontevedra reciben 11.000 euros para realizar actividades turísticas
Por Redacción
Cinco entidades das localidades de Marín, Poio e Pontevedra, na comarca de Pontevedra, recibirán máis de 11.000 euros no marco das axudas convocadas pola Deputación Provincial para a realización de actividades turísticas durante o ano 2023.
As axudas, que foron aprobadas na última Xunta de Goberno da institución provincial, teñen por obxectivo colaborar na promoción do destino Rías Baixas e estimular a competitividade, a calidade, a accesibilidade e a sostibilidade do sector turístico.
En Pontevedra, a Asociación Cultural Amigos del Camino Portugués beneficiarase desta liña de axudas para a exposición itinerante 'Camiños: o doce no Camiño Portugués de Santiago'. Ademais, a Asociación para el Desarrollo Educativo y Cultural recibiu axudas da Deputación para o curso de biodiversidade, patrimonio inmaterial e emprego no sector turístico e a Asociación Sociocultural Deportiva Ocra Galicia recibirá fondos para a X One Race 2023.
En Marín, IMUA Paddle Surf Club Aguete recibiu achegas para actividades na praia de Aguete.
En Poio, A Rosa dos Ventos recibiu fondos para a XII Concentración Moteira A Rosa dos Ventos.
Relacionadas:
-
Turismo Rías Baixas sitúa no 72 % a ocupación media dos aloxamentos da provincia en xullo
Por Redacción |
-
A Deputación fai un balance positivo da súa presencia en FITUR
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Valoran coma "éxito rotundo" os máis de mil encontros de traballo mantidos polo sector turístico da provincia en Sevilla e Bilbao
Por Redacción |
-
A Deputación difundirá Pontevedra como destino turístico ante empresas do sector en Madrid e Valencia
Por Redacción |
-
O Goberno provincial favorece a contratación de 757 persoas e aproba axudas para actividades turísticas
Por Oskar Viéitez |
-
Un millón e medio de euros vai destinar a Deputación para impulsar un modelo turístico intelixente, dixital, adaptado e sostible
Por Redacción |