O Areeiro investiga un remedio a base de camelias para acabar cun fungo que ameaza os castiñeiros
Por Oskar Viéitez
A Estación Fitopatolóxica do Areeiro colabora con outras tres entidades galegas, para investigar a eficacia dun remedio elaborado a base de sementes de camelias da provincia para acabar cun patóxeno que está a provocar a podremia dos cultivos de castaña na provincia.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou este venres a aprobación dun convenio bautizado como Soutosan que artellará esta colaboración con Fauna Útil SL, Fundación Universidade Galega e a Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia.
Trátase dun acordo de colaboración a catro anos, cun orzamento de 180.000 euros dos que a Deputación, a través da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, será a que máis fondos achegue (70.000 euros).
"Gústame facer fincapé na importancia que este goberno da deputación damos á cooperación entre institucións e á colaboración público-privada para sacar adiante proxectos beneficiosos para a nosa economía e a nosa sociedade", declarou o mandatario provincial para explicar o contido do convenio.
A iniciativa, que opta tamén a recibir fondos europeos polo seu carácter innovador no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común, ten como obxectivo dar cun tratamento biolóxico en forma de extracto natural e sostible. "É un remedio natural, de proximidade, eficaz e respectuoso co medio ambiente para acabar cunha enfermidade que agora mesmo non ten cura", remarcou Luis López.
Os investigadores agardan que o proxecto sirva para reducir a incidencia deste fungo, chamado Gnomoniopsis Smithogilvyi, nun 60 % ou 70 % coa aplicación deste extracto de camelia e, ao mesmo tempo, elaborar un mapa de risco desta enfermidade.
Relacionadas:
-
25 especialistas de Galicia en cultivo de camelias amosan a súa arte en Sanxenxo
Por Redacción |
-
A Deputación adxudica o proxecto de acondicionamento e rehabilitación do caserón da Finca de Areeiro
Por Redacción |
-
Areeiro avanza na investigación contra o fungo que murcha a flor da camelia
Por Redacción |
-
Aprobados novos investimentos en Príncipe Felipe e a venda dunha parcela no polígono de Barro
Por Oskar Viéitez |
-
Conta atrás para Etiqueta Negra, o "mellor escaparate" para un sector "que marca tendencia"
Por Alejandro Espiño |
-
Poda de seguridade nas árbores da Caeira ante a chegada do inverno
Por Redacción |