Poda de seguridade nas árbores da Caeira ante a chegada do inverno
Por Redacción
Operarios do Concello de Poio están a traballar na zona da Caeira para facer un seguimento das árbores e garantir a máxima seguridade nesta zona, na que ademais hai unha área de xogo infantil.
Estas labores de prevención inclúen o desramado de varias pezas, e no caso no que a poda é insuficiente, efectuouse tamén hai algúns días a tala dalgunha árbore que tiña as raíces danadas para previr posibles riscos por caídas.
Ademais, desde o Concello de Poio tamén explican que están facendo un seguimento das árbores de Lourido.
Tras solicitar á Estación Fitopatolóxica do Areeiro unha análise do estado de todas as árbores situadas na zona verde colindante coa praia de Cabeceira, están á espera de recibir os resultados para coñecer o seu estado.
No caso de que sexa necesario, o Concello esixirá á administración titular do terreo que actúe para evitar situacións de perigo.
Relacionadas:
-
O Areeiro propón a retirada de tres árbores da praia da Cabeceira polo seu mal estado
Por Redacción |
-
O Areeiro investiga un remedio a base de camelias para acabar cun fungo que ameaza os castiñeiros
Por Oskar Viéitez |
-
Publicado o bando municipal para a limpeza e o ornato dos cemiterios de Marín
Por Redacción |
-
Cae un eucalipto sobre a caseta das mariscadoras en Campelo
Por Oskar Viéitez |