Cae un eucalipto sobre a caseta das mariscadoras en Campelo
Por Oskar Viéitez
Un eucalipto de grandes dimensións esborrallouse sobre a caseta das mariscadoras na praia de Cabeceira, cortando os dous carrís da estrada provincial EP-0602, o vial que une Lourido con Campelo pola costa.
A central de emerxencias do 112 Galicia foi alertada do suceso sobre as 15:15 horas deste luns.
Afortunadamente non se rexistraron danos persoais.
Este local da confraría de pescadores San Telmo de Pontevedra atopábase baleiro cando caeu a árbore xa que as mariscadoras atopábanse traballando nos Praceres, dentro das xornadas de traballo conxunto das tres confrarías do fondo da ría.
Os danos materiais causados polo esborralle tampouco parecen importantes, nunha primeira valoración, pois a árbore non alcanzou a ningún vehículo aparcado e tan só afectou o peche metálico e á cuberta da caseta sen que se apreciasen danos de consideración.
Relacionadas:
-
A talla das árbores deixa sen boa parte da sombra á praia de Cabeceira
Por Oskar Viéitez |
-
Agridoce regreso ao mar das mariscadoras, con dificultade para lograr a cota e preocupación para Nadal
Por Natalia Puga |
-
O Areeiro propón a retirada de tres árbores da praia da Cabeceira polo seu mal estado
Por Redacción |
-
Poda de seguridade nas árbores da Caeira ante a chegada do inverno
Por Redacción |
-
Inician os trámites para declarar a Festa da Ameixa de interese turístico de Galicia
Por Redacción |
-
Para ameixas, as que se degustan en Campelo
Por Redacción & Mónica Patxot |