Un ciclista resulta ferido grave tras ser atropelado por un camión na Barca
Por Diego Espiño
A Avenida A Barca de Poio foi escenario a última hora deste venres dun grave accidente de circulación.
Un ciclista, veciño do municipio, resultou ferido grave tras ser atropelado por camión.
Segundo informa a Policía Local de Poio, o suceso produciuse ao redor das 19.50 horas da tarde nun semáforo da citada rúa, que tivo que ser cortada ao tráfico para facilitar o traballo dos servizos de emerxencia.
Aínda que as causas concretas do accidente aínda se investigan, fuentes policiales apuntan a que o camión atropelou o ciclista ao renovar a marcha tras parar no semáforo, momento no que o usuario da bicicleta se tería posicionado ao seu carón adiantando polo costado dereito sen que o condutor se decatase.
O condutor do camión, confirma a Policía Local, foi sometido a un control de alcol e drogas con resultado negativo.
No que respecta ao ferido foi trasladado ao Hospital de Montecelo con importantes danos nas súas pernas.