Un ferido no incendio dunha casa prefabricada en Mogor
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida tras producirse un incendio a última hora do sábado nunha casa prefabricada situada en Mogor, Marín.
O home, que sufriu queimaduras, tivo que ser trasladado por efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao Hospital de Montecelo.
O suceso, segundo explica o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, produciuse pouco antes das 23.30 horas da noite.
Foi nese momento cando axentes da Policia Nacional alertaron do incendio indicando ademais que había unha persoa ferida.
Ao lugar desprazáronse os Bombeiros de Pontevedra para sufocar o lume, indicando tras finalizar a súa intervención que a vivenda ardera por completo.