O Concello de Ponte Caldelas logrou aforrar en 2013
Por Oskar Viéitez
O Concello de Ponte Caldelas aprobou a liquidación do exercicio 2013, que será remido ao Ministerio de Facenda, cun remanente de tesourería para gastos xerais de 182.692 euros.
Segundo valorou o alcalde, Perfecto Rodríguez, estes datos "avalan el rigor económico de la gestión municipal", cuestión que está a permitir cumprir todos os requisitos marcados polo Goberno "sin que se vean mermados los servicios públicos municipales que presta el Concello a los ciudadanos".
A intención do alcalde, Perfecto Rodríguez, era destinar o remanente de 182.692 euros a financiar o plan de investimentos do presuposto do 2014, evitando así acudir a unha nova operación de préstamo coa caixa de anticipos da Deputación.
Con iso, Perfecto Rodríguez pretendía conseguir a redución, aínda maior, da débeda pública do Concello en 2014, a cal se sitúa actualmente no 41% dos recursos ordinarios do Concello (incluíndo xa a operación de crédito prevista para 2014), lonxe polo tanto do límite establecido polo Ministerio de Facenda, do 75%.
De poder financiar o plan de investimentos do 2014 con este remanente, a débeda pública do Concello de Ponte Caldelas reduciríase ao 36%, menos da metade do máximo aprobado por orde ministerial.