Este sábado é a Festa do Bolo
Por Oskar Viéitez
Este sábado 11 de noviembre celébrase a Festa do Bolo en San Martiño de Borela, no Concello de Cerdedo-Cotobade.
O bolo de San Martiño prepárase de xeito artesanal en antigas artesas de madeira e cócese en fornos tradicionais mesturando a fariña de millo corvo negro, con figos e uvas pasas que lle dan o seu sabor e textura característico.
Esta festa, que acada a súa XXVI edición, rematará pola noite cunha verbena amenizada polos grupos La Noche e Xtra. A organización pon a disposición dos asistentes dunha gran carpa co fin de que no caso de faga aparición a choiva se poidan desenrolar con total normalidade estes festexos.
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e os membros da comisión de festas do Bolo de San Martiño de Borela, fixeron público o programa lúdico-festivo, que arranca o sábado día 11 de novembro ás 13:30 horas coa celebración dunha misa solemne na honra de San Martiño e ao remate terá lugar a sesión vemú amenizada polo grupo de gaitas Os Afoutes do Canón de Pau.
A degustación do popular bolo de San Martiño terá lugar a partir das 19 horas e estará acompañado de sardiñas asadas e magosto.
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, agradeceu á comisión de festas o esforzo que realizan para seguir mantendo viva esta tradición gastronómica en Borela e felicitounos polo traballo que permite conservar "unha elaboración do bolo, que tantas emoción evoca sobre todo aos nosos maiores", sinalou o rexidor.