Toneladas de roupa usada do Salnés e Arousa pasan a mellor vida
Por Redacción
A organización no gubernamental Humana Fundación Pueblo para Pueblo fixo balance dos quilos de téxtil usado recollido dos colectores de roupa e calzado distribuídos polo Salnés e Arousa.
En Vilagarcía foron un total de 59.238 quilos de roupa. Séguelle de preto Sanxenxo con 52.705 quilos e máis afastados encóntranse os veciños do Grove que lograron reunir 29 toneladas e Cambados 20.
A reciclaxe téxtil contribúe á protección do medio ambiente ao reducir en parte os residuos xerados polos cidadáns, outorgando unha segunda vida a unha roupa, que doutro xeito iría parar ao vertedoiro para a súa incineración.
Os recursos obtidos coa xestión do téxtil usado permiten o financiamento e o desenvolvemento dos programas de protección do Medio Ambiente que desenvolve a Fundación Humana, así como os proxectos de cooperación nos países do sur, en ámbitos como a educación, a agricultura e o desenvolvemento rural, desenvolvemento comunitario, enerxía renovable e eficiencia enerxética, enfermidades contaxiosas e asistencia e emerxencia.