O concelleiro de Educación traslada ao conselleiro a súa preocupación ola 'lenta reforma del Froebel'
Por Oskar Viéitez
O concelleiro de Educación de Pontevedra, Agustín Fernández (PSOE), remitiu unha carta ao conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, na que expresa a súa preocupación polo lenta reforma do colexio Froebel.
"Quero tamén expresarche a miña preocupación e a do Concello polo lento avance das obras no colexio Froébel, que xa deberían estar rematadas", di a misiva do edil pontevedrés.
Ademais Agustín Fernández recorda a Xesús Vázquez que está pendente a execución da terceira fase das obras de reforma comprometidas, "como sabes, falta aínda a execución da parte máis importante coa substitución do tellado. Ou dito doutro xeito, sobre os 1,7 millóns de euros anunciados polo teu departamento para a rehabilitación integral do centro tan só van executados pouco máis de 700.000 euros".
O concelleiro sinala que nos presupostos da Xunta para este ano "unicamente prevén unha partida de 40.000 euros. Queda por tanto, preto dun millón de euros de investimento pendente".
A carta do concelleiro de Educación ocúpase fundamentalmente do centro integrado de formación profesional Carlos Oroza, trasladando o "malestar por la decisión de la Xunta de no construir un nuevo centro" na parcela da rúa Juan Carlos I cedida polo Concello.
Relacionadas:
-
A última fase das obras no colexio Froebel terá que seguir agardando
Por Redacción |
-
A Xunta lamenta que o Concello non valore o seu esforzo na mellora dos centros educativos
Por Redacción |
-
Xesús Vázquez asina un convenio con 76 centros para mellorar a calidade educativa
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta aproveitará o verán para acometer a segunda fase da reforma do colexio Froebel
Por Oskar Viéitez |