Entran á forza no centro de saúde de Ponte Sampaio e finalmente non rouban nada
Por Natalia Puga
A Comisaría da Policía Nacional de Pontevedra mantén aberta unha investigación para aclarar un roubo no centro de saúde de Ponte Sampaio.
Segundo a información policial facilitada, alguén forzou o acceso ao consultorio desta parroquia pontevedresa na noite do domingo 12 ao luns 13 de novembro.
O persoal do centro deuse conta na mañá do luns e alertou ás Forzas de Seguridade, pero finalmente puido comprobar que non chegaran a roubar nada.
A pesar de que o roubo non chegou a consumarse, a Policía Nacional investiga igualmente os feitos para pescudar quen entrou á forza nas instalacións sanitarias.
Durante esa mesma noite, do luns ao martes, un veciño de Ponte Sampaio asegura que alguén entrou a roubar no seu coche cando o tiña aparcado diante da casa dos seus pais.
No seu caso, o roubo si se consumou, pois roubaron unha chaqueta vintage de pel e unha cámara de fotos.