A colaboración cidadá permite deter dous agresores machistas en Pontevedra

Por Oskar Viéitez
Dous homes foron detidos nas últimas horas en Pontevedra como presuntos autores de senllos delitos de violencia machista.
Segundo informou este mércores a concelleira de Seguridade Cidadá, Eva Vilaverde, as detencións foron posibles grazas á colaboración cidadá.
Eva Vilaverde informou que estes dous casos "moi graves" rexistráronse no centro urbano.
O primeiro suceso tivo lugar este martes sobre as dúas da tarde nun domicilio da cidade.
Varios veciños chamaron ás policías Nacional e Local alertando dunha forte discusión no interior dunha vivenda con berros e chamadas de auxilio por parte dunha muller.
Os axentes que acudiron ata esa vivenda comprobaron que a vítima, de 24 anos, tiña lesións na cara, polo que foi trasladada en ambulancia ao Hospital Montecelo para ser atendida. Mentres, o home, que ten 30 anos, foi detido. Ambos eran parella desde hai un ano.
O segundo caso ocorreu sobre as catro da madrugada deste mércores en plena rúa.
Unha testemuña presenciou como un home zarandeaba e propinaba dúas labazadas unha muller, polo que chamou á Policía Local, que detivo o agresor.
A vítima, de 43 anos, e o presunto agresor, de 53 anos, mantiñan unha relación sentimental desde había un par de meses.
Relacionadas:
-
Organizan unhas xornadas especializadas en prevención da violencia de xénero dirixidas a profesionais de diversos ámbitos
Por Redacción |
-
A exposición fotográfica do programa Xuntas abre o 25N en Pontevedra
Por Redacción |
-
Buscan testemuñas dun accidente ocorrido en Andurique
Por Oskar Viéitez |
-
Entran á forza no centro de saúde de Ponte Sampaio e finalmente non rouban nada
Por Natalia Puga |
-
Un incendio dentro dun garaxe obriga a cortar Cruz Gallástegui e desaloxar parte dun edificio
Por Diego Espiño & Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Detido un home que roubou ferramentas nun domicilio e vendeunas nunha tenda de segunda man
Por Natalia Puga |