A exposición fotográfica do programa Xuntas abre o 25N en Pontevedra
Por Redacción
O Concello de Pontevedra inaugurou este xoves exposición fotográfica do programa Xuntas, situada no primeiro andar do Teatro Principal.
Esta inauguración á que asistiu a alcaldesa en funcións, Eva Vilaverde e a concelleira de Igualdade, Anabel Gulías forma parte da programación do 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra las Mulleres, organizada polo Concello de Pontevedra.
O programa Xuntas de empoderamento feminino, dirixido principalmente a mulleres en situación de vulnerabilidade, tivo lugar no primeiro andar do CIM todos os martes entre marzo e setembro.
Durante estes seis meses as participantes traballaron na adquisición de habilidades e coñecementos para a mellora da autoestima mediante actividades de expresión corporal, teatro, risoterapia, baile, fotografía, técnicas vocais, etc. ao tempo que se favoreceu a creación de redes de apoio entre iguais.
A programación do 25N continuará a vindeira semana. O luns 20 de novembro está previsto a lectura do manifesto no pleno municipal, cuxa redacción este ano está a cargo de ASOCIM, a asociación de profesionais dos CIM.
Previamente está previsto o despregue dunha lona no balcón da casa consistorial coa imaxe da campaña gráfica, que fronte aos discursos reaccionarios negacionistas da violencia machista apela a chamar as cousas polo seu nome desmontando argumentarios falaces desde a pedagoxía máis básica.
A campaña xa se atopa na rúa a través de cartelería en escaparates e tamén nos mupis da cidade. Tamén está previsto o reparto de camisetas nas actividades programadas.
Relacionadas:
-
"Para as vítimas, desgraciadamente, chegamos tarde. Cada unha delas é un gran fracaso colectivo"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A colaboración cidadá permite deter dous agresores machistas en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
A unanimidade na maioría dos asuntos vaticina un pleno tranquilo en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra insta este 25N a "chamar as cousas polo seu nome" e erradicar "eufemismos" sobre a violencia machista
Por Alejandro Espiño |