O sector da limpeza mobilízase ás portas do hospital do Salnés para reclamar un "convenio digno"
Por Oskar Viéitez
Traballadoras do sector da limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra volveron reclamar este mércores na rúa unha mellora das condicións laborais ao berro de "convenio digno, convenio xa!".
As mobilizacións desenvolvéronse diante do hospital do Salnés e tamén na sede da empresa Clece en Vigo.
Os sindicatos CIG, CCOO e UGT convocaron estas mobilizacións "ante a parálise das negociacións" e tras as dez xuntanzas celebradas coas patronais estatal Aspel e a provincial Aelpo, "que ofrecen unicamente unha suba de soldos do 2,66% sen carácter retroactivo".
Unha vez rematada sen acordo a última reunión da mesa negociadora, que tivo lugar o pasado 6 de novembro, a parte social decidiu convocar asembleas informativas en Pontevedra e Vigo, nas que se apostou por continuar coas mobilizacións para sacar adiante un convenio que afecta a máis de 9.000 traballadoras na provincia.
O convenio de limpeza de Pontevedra contempla unha xornada de 38,30 horas semanais e catro pagas extraordinarias, entre outras melloras.
"Por iso o persoal do sector non está disposto a seguir perdendo poder adquisitivo, sobre todo cando está a padecer as consecuencias da crise, sen poder chegar a fin de mes e tendo que pagar máis cara a cesta da compra, as hipotecas, os alugueres e o resto de necesidades básicas", afirman os representantes da CIG.
Relacionadas:
-
Paralizada a limpeza en edificios e locais de Pontevedra pola folga
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Zafarrancho de limpeza na rúa Dinamarca
Por Redacción |
-
O Concello de Poio convoca unha bolsa de traballo para persoal de limpeza
Por Redacción |
-
Cincuenta días de folga de limpeza en Correos e traballadoras sen cobrar dende o verán
Por María José Pita |