Ramallo quere ampliar beirarrúas en Jaime Janer con melloras orzamentadas en 1,2 millóns de euros
Por Redacción
O Concello de Marín anuncia que ten previsto afrontar a humanización da Rúa Jaime Janer, no espazo situado entre Concepción Arenal e Francisco Landín Pazos, vía que dá acceso ao centro de saúde situado no centro urbano.
A alcaldesa María Ramallo, sen concretar datas, recoñece que a actuación é necesaria porque esta zona do centro urbano "precisa dunha reordenación" xa que ofrece servizos esenciais para Marín. A intención é acometer fases de maneira integral.
O orzamento previsto inicialmente para as obras do primeiro tramo ascende a 1,2 millóns de euros. Os traballos consistirán na ampliación de beirarrúas, con zonas de estancia. Tamén se reorganizarán os accesos e os cruces entre rúas, como o situado en Landín Pazos.
A intención do goberno de Ramallo é establecer elementos que reduzan a velocidade da circulación viaria e renovar todos os servizos de saneamento con rede separativa, iluminación, abastecemento, electricidade e telecomunicacións.
Ramallo tamén anunciou que se negociará coa Xunta de Galicia, titular da vía, a transferencia e o financiamento deste proxecto, coa vista posta en que se afronte unha segunda fase das obras ata chegar ao final de Jaime Janer.
Relacionadas:
-
A estratexia de mellora do espazo urbano de Marín continúa coas obras en Concepción Arenal
Por Redacción |
-
As obras de remodelación de Concepción Arenal e da Rúa da Ponte arrancarán esta semana
Por Oskar Viéitez |
-
Marín renovará a conexión entre a Praza de España e o Paseo Alcalde Blanco
Por Redacción |
-
Marín márcase o obxectivo de reformar as rúas Concepción Arenal, Jaime Janer e Rúa da Ponte
Por Redacción |