Entran sen permiso nunha vivenda que estaban a reformar e agriden á dona, a súa filla e o seu xenro
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra ditará unha sentenza condenatoria contra dous homes acusados de violación de morada, lesións e ameazas por entrar sen permiso nunha vivenda que estaban a reformar e agredir á dona, a súa filla e a parella desta en presenza dun neno de 12 anos.
Os dous acusados, Gerardo P.M. e Francisco Javier P.T., debían ser xulgados por un xurado popular, pero chegaron a un acordo previo coa Fiscalía polo que evitaron a celebración do xuízo. O xurado non chegou nin a constituírse, aínda que todos os candidatos para confirmar ese tribunal si entraron na sala de vistas para escoitar o resultado do acordo.
Ambos recoñeceron os feitos e aceptaron cumprir cada un unha pena de 18 meses de prisión e o pago dunha multa de 540 euros polo delito de violación de morada.
Ademais, pagarán cada un unha multa de 810 euros como autor de tres delitos de lesións, tres meses de multa a tres euros diarios por cada delito.
Polo delito de ameazas, deberán pagar unha multa de 90 euros, un mes a tres euros diarios.
Ademais, deberán indemnizar os dous xuntos á dona da vivenda por unha porta que lle esnaquizaron con 1.441 euros e con outros 750 euros polas lesións causadas. Ás outras dúas vítimas, deben indemnizalas con 250 euros a cada unha.
A sentenza xa é firme, dado que ningunha das partes pretende recorrer.
Os feitos ocorreron o 1 de abril de 2021, sobre as 21.15 horas, cando os dous acusados presentáronse no citado domicilio de Pontevedra, que estaba en reformas. Nese momento, había diferenzas sobre as reformas entre os moradores e a empresa encargada das facelas.
Cando chegaron, a dona da casa díxolle que non podían entrar e pediulle que abandonasen a leira e en en se momento foi zarandeada por ambos ata tirala no chan.
A continuación, dirixíronse á vivenda e, tras entrar sen autorización, agrediron con puñadas e patadas ao xenro da dona. Nese momento, chegou a súa parella e tamén a agrediron.
Cando finalmente lograron que saísen da vivenda, gritaron desde o exterior ao xenro: "te vamos a matar, te vamos a matar".
Un dos dous acusados volveu entrar na vivenda en dúas ocasións, na primeira golpeou novamente a ese home e na segunda deu unha patada na porta que dá á rúa, rompéndose o pomo, e deulle unha patada nas costas a este home novamente.