Costas informa favorablemente á ampliación do porto de San Adrián
Por Redacción
O goberno local de Vilaboa solicitou este luns unha reunión presencial co presidente de Portos de Galicia para abordar o calendario de traballo que a Xunta ten previsto para a reforma do porto de San Adrián de Cobres, unha vez que conta no seu poder co informe pendente de Costas do Estado.
Cabe recordar que o alcalde de Vilaboa solicitou "celeridade" o mes pasado a través do Servizo Provincial de Costas na tramitación deste informe de Estrategias Marinas para facilitar que as obras comprometidas pola Consellería se executasen "á maior brevidade posible".
O informe en cuestión foi asinado o pasado 10 de novembro e remitido a Costas o 14 deste mesmo mes polo que César Poza pregunta ao presidente do ente autónomo, José Antonio Álvarez, pola situación na que se atopa agora o expediente de ampliación do porto San Adrián.
O Concello de Vilaboa amosa a súa "total dispoñibilidade para colaborar" coa administración autonómica a fin de "acelerar" o inicio das obras comprometidas co sector bateeiro de Vilaboa.
Relacionadas:
-
César Poza urxe a Costas o informe necesario para reformar o porto de San Adrián
Por Oskar Viéitez |
-
"Decepción" no Concello de Vilaboa cos orzamentos da Xunta que cualifica de "desleais"
Por Oskar Viéitez |
-
O alcalde César Poza critica a negativa da Xunta a ampliar en 2023 o pantalán de San Adrián de Cobres
Por Redacción |
-
Piden á Xunta máis pantaláns no peirao de San Adrián de Cobres para aumentar os atraques
Por Redacción |