Lanzan unha campaña de promoción da administración dixital do Concello de Marín
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
Nos últimos tempos Marín deu pasos de xigante para que a relación entre o Concello e a veciñanza puidese establecerse, tamén, a golpe de click.
De aí nace a Administración electrónica da vila: sede.concellodemarin.es, un portal no que poder realizar practicamente todos os trámites básicos para os que antes era imprescindible acudir de xeito presencial á Casa Consistorial.
Pagar os recibos de IBI, IVTM ou o IAE; descargar en minutos un volante ou un certificado de empadroamento ou modificar os datos padroais, solicitar a licenza de uso dun local municipal ou dun espazo da vía pública, rexistrar unha factura para o seu abono, presentar un orzamento, solicitar ou renovar a licenza de animais potencialmente perigosos ou dar de alta á nosa mascota no censo municipal de animais de compañía... Eses son só algúns dos trámites que se poden realizar a través da sede electrónica.
Desde o Concello, lembran a necesidade de contar cun certificado electrónico para poder operar na sede. O certificado electrónico é a representación dixital dunha persoa física, para podela identificar de forma inequívoca.
O tenente alcalde, Manuel Santos explicou que se acaba de lanzar unha campaña de promoción da sede electrónica.
A implantación desta Administración dixital foi posible grazas á cofinanciación do 80% do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea, dentro da estratexia Marín Dusi, cun investimento de 318.731,41 euros.
Este xoves a partir das 11.30 horas o Museo Municipal Manuel Torres acollerá o acto de clausura dos resultados da estratexia Marín Dusi, coa que se conseguiron cristalizar actuacións de mellora urbana, social, medio ambiental e dixital para a vila de Marín.http://sede.concellodemarin.es
Relacionadas:
-
Editan titoriais en vídeo para "rachar a fenda dixital" en Marín
Por Redacción |
-
Ramallo sinala o Auditorio como "punto de inflexión da realidade cultural da nosa vila"
Por Oskar Viéitez |
-
Cuntis, A Illa de Arousa e Moraña coñecen o proxecto da Deputación para loitar contra a fenda dixital
Por Redacción |