Instalan contadores de grandes caudais de auga na rede de abastecemento de Ribadumia
Por Redacción
O Concello de Ribadumia está a dotar de novos contadores de auga, en concreto, de grandes caudais, co fin de conseguir un maior control sobre o volume consumido.
Estes dispositivos permitirán detectar posibles fugas ou perdas, controlando un importante fluxo de auga de consumo dentro do termo municipal.
Estes contadores de auga foron instalados no polígono de Cabanelas e no Cruceiro Vello.
O total orzamento destas actuacións ascende a 49.415 euros, dos cales 46.000 foron procedentes da subvención da Xunta de Galicia, mentres que o Concello de Ribadumia achegou a diferenza.