A intelixencia artificial no ámbito da neuropsicoloxía, a estudo na UNED en decembro
Por Redacción
O Centro Asociado de Pontevedra acollerá entre o 4 e o 18 de decembro unha actividade formativa que abordará a aplicación práctica da intelixencia artificial no ámbito da neuropsicoloxía.
O curso terá 12 horas lectivas que poderán ser seguidas de maneira presencial ou en liña, en directo ou en diferido.
Entre os obxectivos marcados para este curso figuran coñecer e identificar os principais conceptos ligados á Intelixencia Artificial: IA, Big Data, Machine Learning, Deep Learning etc. Tamén aqueloutros ligados á analítica avanzada (preditiva e de patróns) e á identificación de ferramentas coas que poden realizarse.
Outro das cuestións que se abordarán no curso será coñecer aspectos e implicacións éticas relativas á aplicación da IA neste ámbito, así como penetrarse, de forma práctica, en como se pode traballar con estas técnicas analíticas avanzadas para facer predicións, identificar patróns, detectar trastornos ou enfermidades neuropsicolóxicas etc.
O curso estará dirixido por Olga C. Santos, profesora titular do Departamento de Intelixencia Artificial, e está coordinado por Rafael Cotelo Pazos, responsable de Extensión Universitaria e Actividades Culturais da UNED en Pontevedra.
Intervirá como relator Sonia Valladares Rodríguez, doutora, enxeñeira de Telecomunicación, máster universitario en Enxeñería Telemática e profesora axudante Doutora da USC.
Desde a UNED vese o fenómeno da transformación dixital como unha realidade imparable. O seu impacto é global e transversal a calquera campo de investigación ou empresarial. Ademais, no ámbito da psicoloxía, son innegables os potenciais beneficios que a aplicación da IA poderá repercutir na práctica clínica e na avaliación neuropsicolóxica.
Relacionadas:
-
Aberta a matrícula do segundo cuadrimestre da UNED Sénior con máis horas de oferta formativa
Por Redacción |
-
Como ser "probador de videoxogos", o novo curso formativo da UNED
Por Redacción |
-
'Pisaré las calles nuevamente', mostra do xornalista Jesús Pozo na UNED con imaxes do confinamento
Por Redacción |
-
Profesionais xurídicos e empresariais achegaranse á Intelixencia Artificial nun curso da UNED
Por Redacción |