O PP gaña as eleccións europeas, o PSOE resiste e o BNG recupera o escano de seu
Por Alejandro Espiño
As eleccións europeas concluíron cunha clara vitoria do Partido Popular, pero máis estreita do que auguraban as enquisas previas. O PSOE de Pedro Sánchez logrou resistir ante o pau dos seus socios e o auxe da extrema dereita. O BNG, pola súa banda, recupera o seu escano propio en Bruxelas 25 anos despois