José María Arceu e José Benito García presentan os seus novos libros no Edificio Castelao
Por Anxo Lourido
Alfil Difusión Cultural organiza dúas presentacións de libros esta semana no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, con entrada libre ata completar a capacidade do espazo.
O xoves 21 de decembro ás 19.30 horas, o poeta pontevedrés José María Arceu, autor do poemario 'Vorágine', presentará o seu novo libro de poesía, que leva por título 'La gotera en el grifo de mi destino'. O poeta estará acompañado polos escritores José Benito García e Alexander Vórtice.
Trátase dun manual de uso e abuso da vida, segundo o autor. Ao longo deste traballo realízase un percorrido entre a prosa poética e a poesía coa intención de expresar o porqué das cousas e o matiz dos xestos.
O venres 22, tamén ás 19.30 horas, o escritor pontevedrés José Benito García, autor de obras como 'Habladme piedras', 'Pontevedra negra y misteriosa', y 'Templarios y mareantes en la gesta de Colón', realizará a presentación da súa novela 'Abandonad toda esperanza'.
Neste novo traballo, o escritor presenta un relato de misterio con tinguiduras góticas que se sitúa na Pontevedra de 1830. Ao longo das páxinas ofrécense acontecementos históricos como a Batalla de Rande, as andanzas do pirata Benito Soto ou a invasión de Napoleón a Exipto.
Ao mesmo tempo, a igrexa de Santa María terá un importante protagonismo cun misterio nunha narración na que non falta un terrorífico vampiro.
Ámbolos autores son colaboradores de PontevedraViva.
Relacionadas:
-
Presentan as últimas obras de José Benito García e de José María Arceu no Liceo Casino
Por Redacción & Anxo Lourido |
-
O xornalista Jesús Cintora ofrecerá unha charla no Edificio Castelao sobre 'Poder e xornalismo'
Por Redacción |
-
José Benito García e Alex Vázquez-Palacios presentan "Pontevedra. Cuaderno de viaje"
Por Redacción |
-
RADIO.- José Benito García: "Na Moureira tiñan a súa particular arte de pesca: a entallada"
Por Marisa Ciordia |
-
José Benito García presenta 'Donde la salmuera', un libro sobre o barrio da Moureira
Por Redacción |