O documental 'A última dorna de Ons' proxéctase este xoves na Casa do Mar
Por Redacción
Este xoves 28 de decembro ás 19.30 horas proxectarase no Auditorio do Centro Social do Mar de Bueu (Rúa Montero Ríos, 22) o documental 'A última dorna de Ons'.
Trátase dun traballo feito polo músico bueués Antón Davila e o fotógrafo Anxo Cabada.
Na peza, cóntase a historia de Cesáreo Patiño, mariñeiro de oitenta anos sobrevivente dunha forma de faenar na illa de Ons a bordo da súa dorna.
Neste audiovisual destacan as imaxes terrestres e aéreas de Ons, considerada un dos grandes patrimonios naturais e históricos de Bueu.
Tras a súa recente presentación no Auditorio do Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia, desta volta será a oportunidade para que toda a veciñanza de Bueu, e persoas interesadas, poidan desfrutar deste documental.