Os 'Sons americanos' chegan a Pontevedra da man do barítono Darío Solari e do director Baldur Brönnimann
Por Redacción
O concerto 'Sons americanos' chegará o próximo 15 de marzo á Sede Afundación de Pontevedra.
Segundo explican desde a Real Filharmonia de Galicia (RFG), "Arxentina e México foron dúas dos países de Latinoamérica que acolleron a un maior número de emigrantes e exiliados galegos; por iso, quixemos facer un programa homenaxe á súa música popular". A homenaxe pasa tamén por Uruguai e polo Caribe colombiano.
O concerto será unha viaxe polas tradicións musicais dos países americanos e as súas mesturas coas sonoridades que chegaron de Europa. O barítono invitado, Darío Solari, actuará ademais como narrador, e o director titular da RFG, Baldur Brönnimann, levará a batuta. As entradas están dispoñibles en Ataquilla.com.
Solari é recoñecido por ser un un dos principais intérpretes do repertorio do Bel Canto, o estilo que triunfou desde o século XVIII e ata ben entrado século XIX. Cantou en boa parte dos principais escenarios para a música vocal de países como Italia ou Alemaña. Traballou da man de directores como Zubin Mehta, e Lorin Maazel ou con dramaturgos e directores de escena da talla de Bob Wilson.
A viaxe musical que propón o concerto comeza coa obra 'Huapango', do mexicano José Pablo Moncayo. Segue despois no Cono Sur, coas 'Cinco cancións ao estilo popular rioplatense' de Vicente Ascone, un compositor de orixe italiana quedesarrolló o seu labor artístico en Uruguai. E continúa, a viaxe, en Arxentina, coa música do ballet 'Estancia'. Compúxoo Alberto Ginastera en 1946 a partir do folclore do país americano e as súas mestizaxes coas músicas que habían ido levando os poboadores europeos durante as décadas anteriores.
Despois soará 'Acuarela', obra de Adolfo Mejía, un dos grandes compositores de Colombia no século XX. O Danzón nº 2 do mexicano Arturo Márquez será a composición que peche o concerto. Desde a RFG explican que nas pezas destes autores «atopamos un claro exemplo de como a música popular azteca, con elementos do folclore e ritmos indíxenas, convive e se sincretiza» coa música europea.
CONCERTOS EN AFUNDACIÓN ANTES DO VERÁN
O 3 de maio, o Coro Fundación Princesa de Asturias presentarase ante o público en Pontevedra cun repertorio de música coral cheo de emocións e a Orquestra Sinfónica de Galicia fará o propio o 17 de maio e interpretará obras de Ernesto Halffter e Manuel de Falla acompañada pola solista Mariña Heredia.
Todos os concertos están organizados en colaboración coa Sociedade Filarmónica de Pontevedra e forman parte do programa 'Cultura por alimentos', en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL).
É por iso que os asistentes poderán entregar alimentos non perecedoiros no acceso á sede de Afundación en Pontevedra para a súa distribución ao banco de alimentos local.
Relacionadas:
-
Gara Quartet ofrecerá un concerto baixo o título 'Madrid 1770' no Teatro Principal
Por Redacción |
-
A Real Filharmonía de Galicia trae a Pontevedra un programa con obras latinoamericanas
Por Redacción |
-
Éxito do Concerto de Aninovo, coas entradas esgotadas e unha lección da Filharmónica cos poemas galegos de Lorca
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Pezas de Mozart, Gounod, Chueca e Strauss no Concerto de Nadal da Orquestra Clásica de Vigo
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Os seis poemas galegos de Lorca soarán no Concerto de Aninovo da Filharmónica na voz de Amancio Prada
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |