Catro concertos comentados para achegar a música sínfónica a todos os públicos
Por María José Pita
Volve o ciclo de concertos 'Do silencio á emoción' ao auditorio Afundación de Pontevedra, organizados por Afundación e Camerata Arven.
Nesta terceira edición, programaranse catro concertos co propósito de achegar a música sinfónica a todos os públicos dende un punto de vista diferente ao habitual, rompendo barreiras entre espectadores e artistas, cuns espectáculos nos que se integran outras artes escénicas como a danza, a pintura, a literatura ou o teatro.
Ademais, ao comezo de cada concerto farase un breve repaso sobre a historia do repertorio dunha maneira próxima e o público poderá participar preguntando calquera curiosidade sobre a música, os instrumentos ou a agrupación.
Estes recitais forman parte do proxecto solidario Cultura por Alimentos, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, polo que se convida ás persoas que asistan ás actividades fagan unha doazón de alimentos non perecedoiros que poderán depositar na entrada do auditorio.
Este martes 19 presentábase en detalle a programación de concertos, nun acto no que estiveron presentes Javier Morgade Dobaño, membro fundador de Camerata Arven; Marité Cores, coordinadora da Área de Cultura de Afundación; Xulio Merino, mago que intervirá no espectáculo O pantasma melómano, xunto co coordinador do mesmo, Héctor Varela; e Brais González, compositor de Cerva branca, peza que terá a súa estrea absoluta en Pontevedra.
O primeiro dos recitais terá lugar este venres 22 de marzo. As entradas para os concertos están dispoñibles en Ataquilla.com.
'DO SILENCIO Á EMOCIÓN III'
PROGRAMA 1
22 de marzo | 20:30 h. | Auditorio Afundación Pontevedra
Noneto Op.38 (Louise Farrenc) e Noneto en Fa maior (Franz Lachner)
Camerata Arven
PROGRAMA 2
25 de abril | 20:30 h. | Auditorio Afundación Pontevedra
Octeto en Fa maior, D. 803 (Franz Schubert)
Camerata Arven
PROGRAMA 3
5 de maio | 12:00 h. | Auditorio Afundación Pontevedra
O pantasma melómano
Música e maxia con Pablo Puga, Xulio Merino e Camerata Arven
PROGRAMA 4
12 de maio | 12:00 h. | Auditorio Afundación Pontevedra
Cerva Branca (Brais González)
Camerata Arven, narradores, voz en off e proxección de imaxes
Relacionadas:
-
Este xoves, en Afundación, Camerata Arven regresa ao romanticismo co Octeto de Schubert
Por Redacción |
-
Nonetos de Farrenc e Lachner, en Pontevedra
Por Redacción |
-
Camerata Arven dará un concerto en Afundación co mellor da historia da ópera
Por Redacción |
-
'Do silencio á emoción II', unha forma diferente de redescubrir a música clásica
Por Alba Feijoo Alonso |