Elena Gallego, autora de 'Dragal', ensinará técnicas narrativas na aula de creación literaria da Biblioteca
Por Redacción
A escritora e xornalista Elena Gallego Abad presentaba, acompañada por Marián Sanmartín, concelleira de Cultura, e pola directora da Biblioteca Municipal unha actividade de creación literaria que forma parte da conmemoración do Día das Letras Galegas.
Trátase dunha nova edición da Aula de Creación Literaria do Proxecto Legado, que se imparte na Biblioteca de Marín con formato intensivo. Os talleres están previstos para tres días: o 7 e o 9 de maio, ás 19.00 horas; e o 11 de maio ás 10.00 horas. A duración de cada sesión será de hora e media.
A proposta vai dirixida a todas aquelas persoas con inquedanzas pola escritura de narrativa, xa sexa ficción ou autoficción. Durante as sesións, que serán de carácter práctico, a autora explicará técnicas de narrativa actual tratando o enfoque do relato, a creación de tramas e argumentos, ademais do tratamento dos personaxes e dos diálogos.
Establécense quince prazas para participar e será necesario inscribirse previamente na Biblioteca, de maneira presencial ou chamando ao teléfono 986.890.197 ou a través do correo electrónico bibliotecamarin@telefonica.net.
A actividade forma parte das actividades 'Ler Conta Moito', promovidas pola Xunta de Galicia para dinamizar a Rede de Bibliotecas de Galicia.
Elena Gallego Abad, nacida en Teruel pero galega de adopción, é autora de 'O legado da nena do sal' e da pentalogía fantástica 'Dragal'. A escritora é gañadora, entre outros galardóns, do Premio Xosé Aurelio Carracedo de xornalismo en 1998, no apartado de medios audiovisuais.
Relacionadas:
-
Actividades durante o mes de maio para celebrar as Letras Galegas en Marín
Por Redacción |
-
Alfonso Sola, creador polifacético, convértese no Artista Marinense do 2024
Por Redacción |
-
Marín entregará o Premio Liberación 2024 á asociación cultural Céltica
Por Redacción |
-
A escritora Elena Gallego Abad invita a mergullarse no sangue da lúa para descubrir o segredo do dragón
Por Redacción |