Marín entregará o Premio Liberación 2024 á asociación cultural Céltica
Por Redacción
O pleno municipal aprobou por unanimidade asumir oficialmente a celebración do Día da Liberación, que conmemora a xesta do corsario Gago de Mendoza liberando a Marín das tropas francesas e que ata o de agora era impulsada pola Asociación ADEMAR.
Dentro dos actos previstos para a edición de 2024, o Premio Liberación decidiuse que sexa para a asociación cultural Céltica.
Este colectivo acumula dúas décadas traballando para a cultura da vila e formando a xeracións de marinenses en artes como a pintura, a ilustración ou a literatura.
A entrega do Premio, confirma o Concello, producirase o 4 de abril, o propio Día da Liberación, nun acto no Museo Torres.
O Premio Liberación ten como obxectivo visibilizar o traballo e a labora de persoas e colectivos do municipio.