"Tiro de saída" para os Rías Baixas Fest, que se abren á incorporación de novos festivais
Por Alejandro Espiño
Os Rías Baixas Fest xa están preparados para ofrecer un verán cheo de experiencias inesquecibles. Os cinco festivais agrupados baixo esta marca -PortAmérica, Atlantic Fest, Sinsal, SonRías Baixas e Revenidas- deron este sábado o "tiro de saída" á tempada.
Fixérono nunha presentación que acolleu El Náutico de San Vicente do Mar, un "emblema" das Rías Baixas como destino turístico, como sinalou o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, pola súa aposta pola cultura e pola música.
"Hoxe é un día de ledicia. Desexamos que comecen canto antes", sinalou López, que celebrou que estes festivais situasen a Pontevedra "como unha referencia no mapa das producións musicais" e que sexan "un espello no que se miran moitas comunidades".
Estes cinco festivais, segundo o dirixente provincial, "representan moi ben o destino Rías Baixas", ao reunir cultura, natureza e gastronomía "coa sustentabilidade presente" que, para Luis López, "é o faro que guía a nosa folla de ruta" en materia de planificación turística.
De fronte ao futuro, a marca Rías Baixas Fest quere abrirse á incorporación de novos festivais que complementen a súa oferta. Sempre, matizou o presidente, "se teñen os estándares de calidade" dos que xa están e leven máis de cinco anos "facendo marca no territorio".
Nesta presentación dos Rías Baixas Fest interviñeron os directores dos cinco festivais, entre eles Jordi Lauren (Sorrías Baixas), que destacou que estes eventos son "cabezas tractoras" do retorno económico, mediático, turístico e cultural que xeran.
Julio Gómez (Sinsal) subliñou pola súa banda que a incorporación de novos festivais "será bo para o territorio, para a cultura e para os músicos", mentres que Susana Laya (Atlantic Fest) defendeu que estes eventos "son un extra en un destino turístico que ya es perfecto".
Por último, Quin Martínez (PortAmérica) destacou que a marca Rías Baixas Fest deu "unidade e identidade" a todos estes festivais, que son eventos "diversos, moi diferentes e complementarios", o que lles permite crear un fenómeno transversal.
A deputada de Turismo, Nava Castro, que pechou o acto lanzou un reto aos organizadores destes festivais, que estuden lanzar un abono conxunto para os cinco Rías Baixas Fest, unha marca que "nos fai únicos" e que, ao seu xuízo, "está facendo moito ruído".
Relacionadas:
-
Los Planetas e Depedro na xornada central do Atlantic Fest, que reserva a Mika e Sidonie para a sesión dominical
Por Alejandro Espiño |
-
A mocidade empadroada en Portas poderá mercar entradas para o PortAmérica por 15 euros
Por Oskar Viéitez |
-
Pepe Solla dirixirá a maior cociña efémera do mundo fusionando música e gastronomía
Por Oskar Viéitez |
-
El Kanka, Lendakaris Muertos, The Rapants e o grupo de Jordi Évole estarán no Revenidas
Por Alejandro Espiño |
-
La Oreja de Van Gogh e Álvaro de Luna abrirán un SonRías Baixas que pecharán Tanxugueiras y Rayden
Por Redacción |
-
Tanxugueiras, La Pegatina, Fillas de Cassandra, Dubioza Kolektiv e Talco actuarán no Revenidas 2024
Por Alejandro Espiño |
-
Mika, Andrés Suárez, Sílvia Pérez Cruz e Sidonie, ao Atlantic Fest 2024
Por Alejandro Espiño |
-
PortAmérica 2024 abrirá con Vetusta Morla e Xoel López e pechará con Juanes e Arde Bogotá
Por Alejandro Espiño |