Pilar Eyre presenta en Pontevedra "Mi color favorito es verte", a súa novela máis apaixoada e íntima
Por Alejandro Espiño
Afeitos a ver como fala da vida dos demais, pola súa faceta como cronista social, a xornalista Pilar Eyre sorprendeu o público cunha novela na que se ispe a si mesma, sacando á luz a paixón e os sentimentos que viviu na súa última historia de amor. ÿ o que conta en Mi color favorito es verte, un libro que presentou este xoves en Pontevedra durante un encontro cos seus lectores na libraría Cronopios.
En Mi color favorito es verte, Pilar Eyre conta como foi a súa breve e apaixonada historia de amor con Sebastien, un francés do que se namorou perdidamente no verán de 2013. Tras tres días de paixón, este confesoulle que era correspondente de guerra e que tiña que marchar a Siria. El pediulle que o esperase, pero pouco despois a xornalista se decatou de que o seu amado desaparecera preto da fronteira turca. Soubo, finalmente, que o secuestraran.
Cando Sébastien desapareceu repentinamente, Pilar emprendeu unha busca detectivesca e desesperada, seguindo as pistas ambiguas que o xornalista fora deixando ao seu paso, pero os resultados foron cada vez máis sorprendentes e misteriosos. E á pregunta de se finalmente lle volveu encontrar ela contesta enigmaticamente: "me gustaría que la gente se compre el libro y lo averigüe".
Finalista do Premio Planeta 2014 con esta novela, Pilar Eyre explicou ao público que se reuniu para vela -mulleres na súa práctica totalidade- que Mi color favorito es verte é un libro que escribiu despois de que o seu fillo coñecese esta historia de amor e o animase a plasmala en papel. Non foi doado revivir toda esa historia, porque a xornalista catalá recoñece que perdeu a cabeza, se obsesionou con esta relación e deixou mesmo de traballar.
Neste libro, que asegura ter escrito sen descanso mañá, tarde e noite durante varios meses, o protagonismo é, sen dúbida, para o amor, pero tamén hai espazo para a intriga, o humor, a esperanza e a paixón por vivir.
Ademais, cre que tamén é un libro que poden gozar os homes porque ela se ispe sen "ningún tipo de pudor", de maneira que as mulleres poden sentirse identificadas e os homes poden aprender.
Relacionadas:
-
Pilar Eyre presentará en Pontevedra a súa última novela, "Un perfecto caballero"
Por Redacción |
-
Lorenzo Silva rescata as súas orixes como escritor nun novo libro que presentou en Pontevedra
Por Redacción |
-
'Iván Aveces', triunfa na súa casa: Cronopios queda pequena ante o éxito da presentación do conto
Por Alejandro Espiño |
-
Suso de Toro presenta en Pontevedra "Somnámbulos", un libro que rompe catro anos de silencio
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |