O pintor Antón Sobral ofrece unha clase de acuarela para futuros artistas en Taller Abierto
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un grupo de escolares con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos recibiron na tarde deste venres 6 unha clase maxistral do pintor Antón Sobral sobre a técnica da acuarela no espazo cultural Taller Abierto, situado na Praza da Estrela.
Os alumnos acoden semanalmente a un obradoiro de artes plásticas no que o que importa son as capacidades e a expresión libre coa intención de que os nenos establezan vínculos coa arte. A través destas clases búscase que os pequenos obteñan coñecementos esenciais para desenvolver un criterio artístico básico.
Taller Aberto ten como finalidade difundir e defender a arte como ben común, aproveitar o patrimonio como xerador de riqueza, revitalizar a rúa dende a implicación colectiva, promover o contacto social, trenzar tecido social mediante a mestura de actividades e enlazar o público con novos espazos culturais.
Antón Sobral ofrece unha clase de pintura en Taller Abierto
© Mónica Patxot