Os 'lumes secretos' de Arizona Baby incendian a Sala Karma de Pontevedra
Por Redacción
Arizona Baby parece terlle collido o gusto a Pontevedra. Por terceira vez en apenas dous anos, a banda valisoletana ofreceu un concerto na cidade. Ao igual que o pasado mes de maio, o lugar elixido foi a Sala Karma.
Nela, esperábaos un centenar de fans, ávidos de escoitar o enérxico directo do grupo.
Subiron ao escenario para presentar os temas de Secret Fires, o seu terceiro disco de estudo tras Second to none (2009) e The truth, the whole truth and nothing but the truth (2012).
Con el, Arizona Baby desmárcanse do traballo realizado ata agora e apostan por reinventarse cun son cativador e diferente.
Tal e como demostraron en Pontevedra, tras inaugurar en España o neofolk acústico, a imaxe barbuda e dar un vorcallón ao indie-rock patrio, Arizona Baby aposta neste novo disco por desconcertar mesmo aos seus máis fieis seguidores.
Relacionadas:
-
La Bien Querida, Eladio y los seres queridos, Maryland ou The Dodos, en abril na Sala Karma
Por Alejandro Espiño |
-
El Columpio Asesino e Cycle, dous concertos para poñer o broche de ouro ao aniversario de Sala Karma
Por Alejandro Espiño |
-
Arizona Baby presentará en marzo en Pontevedra "Secret Fires", o seu terceiro disco
Por Alejandro Espiño |