Arizona Baby presentará en marzo en Pontevedra "Secret Fires", o seu terceiro disco
Por Alejandro Espiño
Arizona Baby regresa a Pontevedra. Tras encabezar o cartel do Surfing the Lerez en 2013 e actuar de novo na cidade o pasado mes de maio, a banda valisoletana presentará Secret Fires, o seu terceiro disco, nun concerto que se celebrará o próximo 7 de marzo, a partir das 22.00 horas, na Sala Karma.
Será un dos primeiros concertos da programación do noveno aniversario desta emblemática sala.
Secret Fires, editado o pasado 7 de outubro, é o terceiro disco do grupo, tras Second to none (2009) e The truth, the whole truth and nothing but the truth (2012), co que pretenden desmarcarse do traballo realizado durante a súa traxectoria e mirar ao futuro.
Tras estampar o seu indeleble selo de marca: austeridade sonora e filosofía básica; inaugurar en España o neofolk acústico, a imaxe barbuda e dar un vorcallón ao indie-rock patrio no seu fulminante despegue, Arizona Baby reinvéntase nunha inesperada aventura de sons refrescantes capaz de desconcertar aos seus máis fieis seguidores, creando unha obra cativadora e diferente, segundo os críticos.
As entradas, que teñen un prezo de dez euros, pódense adquirir en www.ticketea.com.
Relacionadas:
-
Os 'lumes secretos' de Arizona Baby incendian a Sala Karma de Pontevedra
Por Redacción |
-
As 'viaxes de ida' de Villanueva recalan o 5 de febreiro na Sala Karma de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Vinila von Bismark presentará o 20 de febreiro na Sala Karma o seu primeiro disco en solitario
Por Alejandro Espiño |
-
Pablo Carbonell amosa as súas 'Canciones de cerca' nun concerto na Sala Karma
Por Diego Torrado |
-
Os británicos Is Tropical actuarán na Sala Karma o próximo 31 de xaneiro
Por Alejandro Espiño |