É o momento para gozar do mellor teatro no Pazo da Cultura: 'Cancún' e 'Continuidad de los parques'
Por Anxo Lourido
Que tería sucedido se en lugar de casar con este ou con esta tivésemos casado con aquel ou con aquela? Como tería cambiado a nosa vida? Seriamos máis felices? Serve de algo preguntárseo?
Este é a formulación da comedia culta e popular, que combina reflexión e risa, que se presentará o próximo sábado 30 de maio no auditorio do Pazo da Cultura a partir das 21.00 horas. O espectáculo leva por título Cancún. Está baseado nun texto de Jordi Galcerán e a repartición encabézao a actriz María Barranco. Os personaxes desta comedia vanse a Cancún de vacacións. Trátase de dous matrimonios amigos dende hai máis de 20 anos que se reformulan a súa vida e realizan unha análise de como sería a súa vida se tivesen escollido outra parella.
Completan a repartición os actores Vicente Romero, Francesc Albiol e Aurora Sánchez, tamén coñecidos polo gran público, grazas a diferentes traballos en series de televisión e en diferentes proxectos cinematográficos. A montaxe está dirixida por Gabriel Olivares.
As entradas están á venda, a un prezo de 16 euros, a través de www.ataquilla.com.
CONTINUIDAD DE LOS PARQUES
A obra inclúese no ciclo Summum Teatro que contará cunha nova función teatral o sábado 6 de xuño a partir das 21.00 horas tamén no auditorio do Pazo da Cultura coa representación da obra Continuidad de los parques cunha repartición formada por actores tan coñecidos como Roberto Álvarez, Fele Martínez, Gorka Otxoa e o galego Luis Zahera. O espectáculo está dirixido polo tamén coñecido actor Sergio Peris-Mancheta.
A comedia, escrita por Jaime Pujol, disecciona as diferentes perspectivas da verdade en clave de humor. Os actores interpretan máis de 20 personaxes que se cruzan, chocan, encontran e "desencontran" nun parque. Trátase dunha obra repleta de sorpresas, áxil, desconcertante e divertida.
As entradas poden adquirirse a un prezo de 14 euros en www.ataquilla.com
Relacionadas:
-
Cambiarías ao teu marido polo da túa mellor amiga?
Por Diego Torrado |
-
Entrevista ao dramaturgo Jordi Galcerán, autor de "Cancún", a obra que se representa o sábado en Pontevedra
Por Redacción |
-
Teatro de altura no Pazo: "Cancún" de María Barranco, este sábado en Pontevedra
Por Redacción |
-
Yllana, Héctor Alterio, Lola Herrera, María Barranco e Gorka Otxoa actuarán no Pazo da Cultura en maio e xuño
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |