Os vellos rockeiros tamén foron nenos
Por Redacción
Este ano, durante as Festas do Mar a Asociación Armadiña propón múltiples actividades complementarias ao propio festival-Armadiña Rock 2015. Nesta edición, realizarase por primeira unha proposta específica para o público máis cativo, a sección infantil do festival, Armadiña Kids.
Trátase dun conxunto de actividades que empregan a música como fío condutor para achegar a filosofía do festival aos participantes: Espazos que potencian a música, a cultura galega e o compromiso medioambiental.
É unha nova proposta interxeracional que pretende transmitir cultura a través da música.
Así, no Armadiña Kids non faltaran obradoiros de instrumentos feitos de refugallos, de batukada colectiva, pintacaras do rock, murais con Washi Tape, e mesmo tentarán converter aos nenos en futuras estrelas do rock.
Coma en edicións anteriores, o Armadiña Rock 2015 celébrase na última fin de semana de agosto, coincidindo coas Festas do Mar, en Combarro, polo que a sección infantil do festival, Armadiña Kids, realizarase de 17 a 20 horas, na Escola de Campo de Combarro, aproveitando as instalacións e adaptándoas aos máis cativos.
Relacionadas:
-
O rock toma Combarro
Por Cristina Saiz |
-
Trece grupos participarán na Mostra da Canción Mariñeira
Por Redacción |
-
Carlos Baute e La Guardia actuarán na Festa do Mar
Por Oskar Viéitez |
-
Rock e ecoloxía van da man aos concertos do Armadiña
Por Redacción |
-
Os Diplomáticos de Monte Alto, cabeza de cartel do Armadiña Rock 2015
Por Redacción |