Rock e ecoloxía van da man aos concertos do Armadiña
Por Redacción
Dando un paso máis no compromiso adquirido nos últimos anos a asociación Armadiña, organizadora do Armadiña Rock, asinou un convenio coa empresa Ecovidrio para impulsar a reciclaxe durante as festas.
Esta iniciativa súmase ao fomento do uso de vasos reutilizables chamados "ecovasos", e ao decálogo de boas prácticas co obxectivo de minimizar o impacto ambiental e evitar molestias aos veciños de Combarro.
De modo que se encargaron 1.600 ecovasos que se venderán a 1 euro que será reembolsado se se devolve o vaso en bo estado ao final, aínda que apenas retorna o 10% xa que a xente prefire quedalos de recordo.
Dentro da promoción deste VII Festival Armadiña Rock en Combarro publicaron o video "Fusión Birbiricho", recordando as bandas que actuarán na Praza da Chousa o día 21 agosto a partir das 22.30 horas: Os diplomáticos de Monte Alto, Familia Caamagno, Recambios Tucho, Leo I Arremaghona.
Relacionadas:
-
O rock toma Combarro
Por Cristina Saiz |
-
Os vellos rockeiros tamén foron nenos
Por Redacción |
-
Carlos Baute e La Guardia actuarán na Festa do Mar
Por Oskar Viéitez |
-
Os Diplomáticos de Monte Alto, cabeza de cartel do Armadiña Rock 2015
Por Redacción |
-
La Guardia completa o cartel da Festa do Mar de Combarro
Por Redacción |