O alumnado de Belas Artes leva o seu talento ao escaparates de Marín
Por Redacción
As estudantes de Belas Artes, Lorena Recimil, Mercedes González-Anleo e Miguel Tierra como traballo para a materia Xestión, ámbitos artísticos e mundo profesional, organizaron a mostra 'Ruta 11' que pode verse nos escaparates de once establecementos comerciais de Marín, onde desde a pasada semana se exhiben as obras doutros tantos alumnos da facultade.
"A nosa idea é dar a coñecer o traballo de novos artistas galegos a través dunha exposición conxunta", sostén nese senso González-Anleo, unha das comisarias desta exposición que ten como escenario diferentes locais comerciais das rúas Real e Sol.
Ariadna Nuñez, Daniel Canabal, Yaki Pride, Catarina Mosquera, Arián Lozano, Margot Rodríguez, Belén Iglesias, Sheila Broullón, Patricia Silván, Sofía Martínez e a propia Lorena Recimil son as once protagonistas desta mostra colectiva que toma asento en xoierías, ópticas ou tendas de roupa.
Escultura e ilustración son nese senso as dúas modalidades que se exhiben no marco dunha iniciativa que busca promover unha reacción na xente, segundo explica González-Anleo.