Unha reinterpretación en inglés de "Alicia no país das marabillas" xunta centos de escolares
Por Redacción & Mónica Patxot
Preto de 2.800 escolares pontevedreses asistirán durante o próximos tres días ás representacións que a compañía Blue Mango Theatre fará no auditorio de Afundación de Pontevedra da obra en inglés Alice.
A función, baseada no clásico de Lewis Carroll, conta as aventuras da pequena Alice na súa viaxe por un lugar cheo de extravagantes e divertidos personaxes cos que aprenderá as tradicións do mundo anglosaxón.
Este espectáculo forma parte da programación de espectáculos escénicos para escolares de Afundación en Pontevedra.
As próximas citas escénicas, para as que xa reservaron praza un total de 21.500 escolares, terán lugar do 1 ao 3 de febreiro con Cousas de 4; do 17 ao 19 de febreiro con Aurora; do 2 ao 4 de marzo con Rodarirrodari; do 31 de marzo ao 1 de abril con Estamos no verán, unha obra que combina baile, música e teatro; e do 18 ao 21 de abril, a actuación do exitoso grupo de música infantil Mamá Cabra co seu espectáculo 15 primaveras.