'Estamos no verán'... con música e baile en Afundación
Por Redacción & Mónica Patxot
Case dous mil escolares gozarán da representación da obra Estamos no verán, un novo espectáculo para centros educativos de Afundación en Pontevedra.
Trátase dunha montaxe da compañía Son+D2 que, ademais deste xoves, representarase en dúas novas sesións o venres.
Orientada a nenas e nenos de quinto e sexto de primaria, Estamos no verán é a historia duns amigos que, no verán, queren formar un grupo de música.
Un espectáculo no que os asistentes cantan, bailan e improvisan ao ritmo de diferentes estilos como rock, pop, jazz, blues ou bossa nova.
Así, a música en directo, a danza e os elementos teatrais ou de clown mestúranse para facilitar unha aprendizaxe da cultura musical e a linguaxe creativa.
Relacionadas:
-
Os cativos divírtense facendo soar pandeiros
Por Mónica Patxot |
-
Unha reinterpretación en inglés de "Alicia no país das marabillas" xunta centos de escolares
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
"Nana para un soldado" de Teatro dos Ghazafelhos abre as funcións para escolares de Afundación
Por Redacción & Cristina Saiz |