Os cativos divírtense facendo soar pandeiros
Por Mónica Patxot
Moitos rostros riseiros e entusiasmo entre os escolares que asistiron este luns 1 de febreiro ao auditorio de Afundación en Pontevedra para ver o último espectáculo da compañía Odaiko Percussion Group, que leva por título 'Cousas de 4'.
Unha montaxe no que se combinan instrumentos da actividade de percursión contemporánea con elementos de nova creación, moita improvisación e efecto sorpresa para lograr que o pasen en grande.
Durante tres días, 2.800 escolares asisten en dous pases, ás 10.00 e ás 12.00 horas, a esta montaxe que, como outros traballos de Odaiko, céntrase na exploración da música tradicional multiétnica, na súa variante percusiva.
A obra, interactiva e dinámica, logra que os máis pequenos se divirtan e acompañen a música tanto desde as butacas como desde o escenario.