A obra 'Cousas de 4' será a vindeira semana cousa de 2.800 escolares en Afundación
Por Redacción
Preto de 2.800 escolares asistirán a próxima semana á obra de teatro musical Cousas de 4 no auditorio da sede de Afundación en Pontevedra no marco da programación da Fundación Galicia Obra Social de espectáculos escénicos para escolares pontevedreses.
O espectáculo da compañía Odaiko Percussion Group combina instrumentos do mundo da percusión contemporánea con elementos de nova creación, moita improvisación e efecto sorpresa.
Cousas de 4 representarase o luns 1 e o mércores 3 de febreiro, en dous pases, ás 10.00 e 12.00 horas.
As próximas citas escénicas, para as que xa reservaron praza un total de 21.500 escolares, terán lugar do 17 ao 19 de febreiro con Aurora; do 2 ao 4 de marzo con Rodarirrodari; e do 31 de marzo ao 1 de abril con Estamos no verán. A actuación do exitoso grupo de música infantil Mamá Cabra 15 primaveras poñerá o punto final ás actividades do 18 ao 21 de abril.
Relacionadas:
-
Ao teatro a bordo do tranvía de Marín
Por Mónica Patxot |
-
Os cativos divírtense facendo soar pandeiros
Por Mónica Patxot |
-
Unha reinterpretación en inglés de "Alicia no país das marabillas" xunta centos de escolares
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
"Nana para un soldado" de Teatro dos Ghazafelhos abre as funcións para escolares de Afundación
Por Redacción & Cristina Saiz |