Siniestro Total, Terbutalina e The Lakazans no Armadiña Rock 2016
Por Redacción
O Armadiña Rock amplíase a dous días, celebrándose o 26 e 27 de agosto na praza da Chousa de Combarro, será de balde e seguirá integrándose dentro da Festa do Mar.
A Asociación Armadiña confirma que as bandas Siniestro Total, Terbutalina e The Lakazans estarán na VIII edición do Armadiña Rock.
Siniestro Total é o grupo máis senlleira do punk-rock galego. A banda viguesa liderada por Julián Hernández será a cabeza de cartel do Armadiña Rock 2016.
Terbutalina é unha das bandas galegas máis importantes do momento. Co seu penultimo LP "A muerte" os de Muros gañaron o Premio de la Música Independiente a Mellor album en galego. Neste 2016 estrenan disco "Al otomano se le va la mano", o cal tamén están nominados aos mesmos premios.
The Lákazans, grupo galego que conxuga o blues o country e o soul, presentaron disco o ano pasado, "Homegrown" no que se aprecian dúas vertentes da música americana: a branca (country) e a negra (blues/góspel). Recentemente foron nominados aos Premios Galegos de Música ao mellor grupo Blues/Funk/Soul.
Nos próximos días a Asociación Armadiña confirmará o resto do bandas que actuarán no Armadiña Rock, así como tamén as actividades paralelas ao festival.