Sés, Nao e Tractor Troy súmanse ao cartel do Armadiña Rock 2016
Por Redacción
O Armadiña Rock amplía o seu cartel con tres novas incorporacións de altura. Os seus organizadores adiantaron este venres que Sés e as bandas Nao e Tractor Troy tamén se subirán ao escenario na próxima edición do festival, que se celebrará os días 26 e 27 de agosto na praza da Chousa de Combarro.
María Xosé Silvar, Sés, presentará en Combarro o seu terceiro disco Tronzar os valos, onde a cantautora de A Coruña suma as enerxías do rock e da canción de autor de América Latina.
Sés, que estará acompañada de toda a súa banda, era unha das artistas máis solicitada polos veciños do municipio, segundo os organizadores do festival.
Nao é unha das bandas de rock-metal máis consolidadas da Galicia. O de A Estrada tamén estrean neste 2016 un dobre álbum Soñar - Crear, despois de recibir hai dous anos o recoñecemento ao mellor grupo de metal nos Premios Galegos da Música.
Por último, os Tractor Troy farán tremer a Chousa co seu potente rock. Os de Pontevedra presentarán en directo os temas de Perromadril, o seu primeiro álbum.
Todos eles se suman ás bandas xa anunciadas previamente: Siniestro Total, Terbutalina e The Lakazans.
Relacionadas:
-
O Armadiña Rock, listo para encher de música Combarro entre o 26 e o 28 de agosto
Por Alejandro Espiño |
-
"Brico Armadiña" o novo spot do Armadiña Rock
Por Redacción |
-
Combarro celebrará do 24 ao 26 de agosto a XVI Festa do Mar
Por Redacción |
-
Banda Bassotti e Agoraphobia súmanse a un Armadiña Rock que non deixa de crecer
Por Redacción |
-
Siniestro Total, Terbutalina e The Lakazans no Armadiña Rock 2016
Por Redacción |