O sector musical galego réndese aos pés do artesán Antón Corral
Por Diego Torrado & Redacción
Os Premios Galegos da Música, premios Martín Códax, volveron encher este xoves o Pazo da Cultura de Pontevedra na gala de entrega da súa terceira edición, cun auditorio de máis de 700 persoas que gozaron das propostas escénicas e musicais de Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman e a compañía de teatro A Panadaría e aplaudiron con emoción e cada uno dos premiados.
Os galardóns, promovidos pola Asociación de Músicos Ao Vivo (MAV), tiveron este ano como protagonista indiscutible ao artesán e gaiteiro Antón Corral, premio honorífico 2016 por, entre outros motivos, ser un "referente e traballador incansable pola mellora técnica e estilística dos instrumentos populares galegos". "Antón Corral supón un paso de xigante na música galega, dende a case marxinalidade até o recoñecemento internacional que hoxe ten, e todo feito dende unha humildade, xenerosidade e cariño que o fan dobremente admirable", destacaron os organizadores para recoñecer o seu traballo. A entrega do premio encheu de emoción o acto.
O resto dos premios nesta edición foron:
- Pop e indie: Silvia Penide
- Rock: Foxy Freire
- Blues, funk & soul: Nastasia Zürcher
- Jazz e músicas improvisadas: Orquestra de Jazz de Galicia
- Hip-Hop e músicas urbanas: Sokram
- Música clásica e contemporánea: Vertixe Sonora Ensemble
- Folque: Caxade
- Música tradicional galega: Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
- Músicas do mundo: Crebinsky
- Canción de Autor: Guadi Galego
- Música infantil: Brinca Vai!
- Electrónica: Croma
- Metal: Mutant
- Reggae, Ska & Mestizaxe: A Banda da Balbina
- Orquestras, grupos e música de verbena: Orquestra Os Modernos
- Coros e Grupos Vocais: De Vacas
- Premio Organistrum Salas: A Arca da Noe
- Premio Organistrum Festivais: Feito a Man
- Premio Organistrum Espazos de Comunicación Musical: Ábretedeorellas
Relacionadas:
-
Os Premios Galegos da Música regresan a Pontevedra cargados de novidades
Por Redacción |
-
Caxade presenta "E isto é o Amor", o seu segundo disco, cun concerto na Sala Karma
Por Alejandro Espiño |
-
O 28 de abril, a música galega volverá xuntarse en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Davide Salvado e o Aturuxo triunfan nuns Premios Galegos da Música de marcado carácter feminino
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |