Concerto sorpresa para os doentes de Pediatría
Por Redacción
Consultas externas de Pediatría e a Escola de Pediatría do Hospital Provincial foron os dous espazos que acolleron este luns os micro-concertos do proxecto de humanización 'Un mes, un son', posto en marcha pola xerencia do Hospital de Pontevedra en colaboración co Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga.
Tras a interpretación de varias panxoliñas e doutras pezas musicais como 'Yesterday', dos Beatles, o cuarteto composto por un mestre e tres alumnas do conservatorio improvisou unha actuación exclusiva para os pacientes e profesionais da planta de Oncoloxía, a cal non estaba prevista no programa.
Os vindeiros micro-concertos terán lugar ao longo do vindeiro mes de xaneiro e, unha vez máis, o lugar e centro sanitario escollido será una sorpresa.