"O lobo e a lúa" de Baobab abre o ciclo de teatro Domingos do Principal
Por Redacción
A compañía pontevedresa Baobab Teatro será a encargada de abrir este ano o ciclo Domingos do Principal. Será, coma sempre, en dobre sesión ás 12.00 e ás 18.30 horas coa obra O lobo e a lúa, que representarán no Teatro Principal o domingo 15 de xaneiro.
Argumento: Había unha vez un pequeno lobo que vivía no prado azul. El precisaba falar coa lúa, como a lúa estaba lonxe non ouvía, e o lobo berraba e berraba e non deixaba durmir a ninguén, nin a Nina a tartaruga, nin a Duarte o elefante, nin a Miñao o gato malvado. Pero un día coñece a Mariano, un ratiño que lle axudará, ou quizais non...
Esta obra recibiu en 2014 o premio Barrigaverde de textos para teatro de monicreques.
O lobo e a lúa, que está recomendada para nenos e nenas a partir dos dous anos, ten unha duración de 45 minutos.
As entradas están á venda a través de www.ataquilla.com a un prezo de catro euros. No caso de non esgotarse poderán conseguirse na billeteira do teatro.
Ademais, Baobab Teatro representará este espectáculo tamén o luns 16 de xaneiro, a partir das 11.30 horas, nunha función concertada para escolares de sete centros de infantil e primaria de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Calquera día é bo para unha festa. E con teatro, máis
Por Diego Torrado |
-
'O lobo e a lúa', de Baobab Teatro, tamén divirte os escolares os luns á mañá
Por Mónica Patxot |
-
Domingos do Principal colga o cartel de "todo vendido"
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Se aínda non enviaches a carta aos Reis Magos, inclúe este agasallo...
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Máis de 6.000 espectadores confirman o apoio dos pontevedreses a Domingos do Principal
Por Redacción |