Traxedia e homenaxe no II Festival de Ópera de Pontevedra
Tras o éxito do I Festival de Ópera de Pontevedra, a cidade celebrará unha nova edición no auditorio da sede Afundación con dúas actuacións o 9 e o 13 de marzo. O festival foi presentado a mañá deste mércores 22 de febreiro no edificio de Afundación a cargo da súa coordinadora de Cultura, María Teresa Cores e da promotora Leonor Gago.
O teatro acollerá o xoves 9 de marzo a famosa ópera Turandot de Giocomo Puccini, ambientada na China feudal e que representa a historia da princesa homónima e dos seus pretendentes, quenes deberán superar tres probas ou serán executados. O gañador, obterá como recompensa a man da cortexada.
"Es una de las óperas más conocidas, más bonitas y muy fácil de seguir", explica Leonor Gago, que tamén exerce de directora artística da obra. Na parte músical contará coa Orquestra e o Coro da Ópera Nacional de Kishinau (Moldavia) e con solistas internacionalmente recoñecidos.
O luns 13 de marzo, os tenores Israel Lozano, Miguel Borralo e Javier Agulló protagonizarán a Gran Gala Lírica Tres Tenores, acompañados tamén pola orquestra moldava. Interpretarán recoñecidas pezas de óperas como Carmen, de Bizet; Guillermo Tell, de Rossini e mesmo parte da zarzuela "La taberna del puerto de Pablo Sorozábal.
A gala nace como unha homenaxe á organizada no Mundial de Fútbol de 1990 en Roma, onde tres grandes tenores como os famosos José Carreras, Plácido Domingo e Luciano Pavarotti achegaron aos afeccionados e ao público en xeral grandes temas operísticos. Co mesmo obxectivo organízase este espectáculo que xa percorreu varias prazas de teatro do país con gran éxito.
As entradas poderán conseguirse a través de ataquilla.com desde 31 euros para ambas as actuacións e desde 50 euros para o abono dos dous días.
Relacionadas:
-
Rigoletto pon fin ao primeiro festival de ópera Cidade de Pontevedra
Por Mónica Patxot |
-
Welcome to Rigoletto, da Ópera Nacional de Moldavia
Por Redacción |
-
A Gran Gala Lírica abre o I Festival Internacional de Ópera Cidade de Pontevedra
Por Mónica Patxot |
-
Verónica Tello, soprano: "En España é moi difícil acceder aos grandes teatros, dan moi poucas oportunidades"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |