O festival Son Rías Baixas regresa a Bueu os días 2, 3 e 4 de agosto
Por Redacción
Xa hai datas para a décimo sexta edición do festival SonRías Baixas. A organización anunciou este venres que Bueu volverá a gozar da mellor música os días 2, 3 e 4 de agosto de 2018.
O SonRías Baixas traballa, ademais, na selección de bandas e artistas que, dentro do rock e das músicas do mundo, subirán ao escenario o próximo verán.
A edición de este ano supuxo para Bueu unha inxección económica de 1.500.000 euros, chegándose ao pleno de ocupación hoteleira en toda a comarca e bares e restaurantes da zona quedaron mesmo sen existencias.
Coa finalidade de que a actividade do festival repercuta o máximo posible na zona, priorízase a busca de profesionais e empresas provedoras a nivel local. Así, na pasada edición, contratáronse os servizos de 135 provedores e máis de 400 persoas traballaron durante a celebración do evento, a maior parte, xente da comarca.
A particular mestura de música, praia e gastronomía nun contorno privilexiado é unha das principais marcas de identidade do SonRías Baixas, que xa é toda unha referencia do verán en Galicia e no resto do Estado.
Co slogan “de festivaleiros para destivaleiros” por bandeira, a organización artella cada ano unha completa programación musical que combina nomes consagrados e novas propostas e ofrécellela aos seus seguidores a uns prezos moi asequibles.
Relacionadas:
-
Talco abrirá un SonRías Baixas que xuntará en Bueu máis dunha ducia de bandas
Por Alejandro Espiño |
-
Sete novas incorporacións ao cartel de SonRías Baixas 2018
Por Gabriela Varela Asorey |
-
Desakato, Sara Hebe e Skarnivals, novas confirmacións do SonRías Baixas 2018
Por Gabriela Varela Asorey |
-
La Raíz e Terbutalina, primeiras confirmacións do SonRías Baixas 2018
Por Redacción |
-
Os Rías Baixas Fests reuniron este verán a 260.000 persoas en Pontevedra
Por Redacción |