O pintor precoz Fernando Búa exporá estampas pontevedresas na Casa da Luz
Por Anxo Lourido
Pinta desde os catro anos, primeiro foron debuxos moi sinxelos, pero aos poucos, grazas á influencia e os ensinos do pintor Rafael Prieto, foi interesándose polo patrimonio de Galicia.
Agora as paisaxes e a arquitectura galega son o principal motivo da obra artística de Fernando Búa, un artista de 15 anos, veciño de Dorrón, Sanxenxo, que expoñerá algúns dos seus mellores traballos do 13 ao 28 de xullo na Casa da Luz. A inauguración será o venres 13 ás 19.00 horas
Este luns presentaba esta mostra pictórica, acompañado do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e da concelleira Pilar Comesaña, no Concello de Pontevedra. Baixo o título 'Conservar é medrar' ofrecerá ao redor de vinte obras nas que aparecen algunhas estampas pontevedresas.
Este novo autor xa conta con varios premios e en 2017 entregou ao rei emérito unha lámina da embarcación tradicional Acacia, coa que Juan Carlos I percorría as augas da ría de Pontevedra.
O pintor indica que descoñece os prezos aos que se venden as súas obras e a súa aspiración céntrase en, cando finalice os seus estudos de bacharelato, en estudar Belas Artes. Actualmente continúa formándose artisticamente e xa pechou unha exposición na Casa de Galicia en Madrid, unha cidade na que sempre quixo exhibir os seus debuxos a plumiña.
Relacionadas:
-
RADIO.- Arquitectura e tradición galega plasmada na tinta dun rapaz de 15 anos
Por Marisa Ciordia |
-
O pintor adolescente Fernando Búa ofrece unha mostra da súa obra no Palacete das Mendoza
Por Redacción |
-
O pintor Fernando Búa regala ao rei emérito unha lámina do seu barco
Por Redacción |
-
O novo pintor Fernando Búa expón no Liceo Casino
Por Redacción |
-
As novas promesas da pintura cítanse en Sanxenxo
Por Redacción |